Somos un equipo multidisciplinar especializado en crear dispositivos para activar e mellorar os procesos de comunicación.

Pensamos que o deseño ten que axudar a mellorar a vida das persoas. Por iso buscamos sempre implicarnos cos clientes, atopando solucións específicas, investigando en novas ferramentas, incorporando fórmulas creativas aos procesos de traballo e sen descoidar nunca a calidade no resultado final.

Interésanos o espazo público, interpretar os fluxos e dinámicas, e atopar solucións válidas que resolvan as súas contradicións.

Estudo

Formamos parte da Asociación DAG, sendo o seu representante en READ, organización incluida en BEDA

Descargar CV de Uqui Permui

Seguimos o Decálogo de READ sobre os dereitos e deberes no ámbito do deseño

Contáctanos

Porto de Amio, 20
15707 Santiago de Compostela
Google Map
Dirección de arte e Deseño: Uqui Permui
Xestión e produción: Antón Díaz

SIMPLIFICACIÓN
beleza + funcionalidade
Leonardo Dá Vinci dicía que “A simplicidade é a máis elevada sofisticación”. Para nós, a máxima do deseño é conseguir ser invisible, simplemente, que as cousas sexan como deben ser…

Que é o deseño?

Existen moitas posibles respostas, de feito, utilizámolo case como retrouso, desvirtuando o seu significado, é ademais complicado de definir porque o seu significado transfórmase a través dos tempos.

En todo caso, neste momento, quedámonos con esta definición: o deseño é un concepto global que pon en equilibrio o benestar da xente, o crecemento empresarial e a sustentabilidade ambiental.

O deseño de comunicación ten como función construír e comunicar valores e ideas das marcas, xa sexan de grandes ou pequenas empresas, de servizos ou institucións.

O deseño de servizo, aínda máis intanxible que o de comunicación, baséase en facilitar solucións que melloren a relación entre a empresa –ou institución– e os usuarios.

 

DESEÑO = EVOLUCIÓN

Evoación

Premios e mencións

En Negro Contra As Violencias

Premio SERenidade, 2018. “Que traspasa a creatividade para converterse nun símbolo contra as violencias”

Premios paraugas do cluster da Comunicación Gráfica (http://www.clustercomunicacion.gal/o-cluster-da-comunicacion-de-galicia-entrega-en-ourense-os-premios-paraugas/)

 

Territorio das mulleres

Finalista na 5ª Bienal Iberoamericana de Deseño (bid_16)

 

Gallaecia Petrea

Finalista en EDAWARDS European Design, 2011