Aplicacións 25N Compostela en Negro

Para unificar as comunicacións desta acción colectiva e dentro dunha liña gráfica moi definida, creamos unha serie de ferramentas: un identificador, chapas, camisetas, flyers e rótulos con lemas para axudar a comerciantes e Axentes Sociais implicados a montar os escaparates e outros espazos.

A campaña baséase nunha imaxe gráfica clara e adaptable, unha icona de impacto simplificada ata o imprescindible: o símbolo xenérico da muller, un triángulo branco sobre negro que se re-significa como coiraza, como espazo reservado para a non violencia; un símbolo que chegue ao corazón de Compostela. Este símbolo vai acompañado por unhas letras cortadas que incrementan expresividade e significado ao lema «Contra a violencia», representan a dureza dunha realidade que non está completa, que está rota.


Máis fotos da campaña no álbum de Flickr