Alén dos Xéneros

Gráfica para a exposición no Marco de Vigo sobre prácticas artísticas feministas en Galicia

A exposición permite contextualizar o traballo artístico que aborda as cuestións de xénero, poñendo en relación o ámbito galego co estatal e internacional. Ofrece unha revisión das prácticas feministas realizadas tanto por mulleres coma por homes e, á súa vez, tende pontes entre as producións artísticas e os movementos sociais e políticos reivindicativos, como os grupos activistas feministas e LGTBQI. A mostra indaga e afonda na pluralidade de aspectos da arte feminista e dá visibilidade a xeracións máis novas, vinculándoas coa obra de artistas cunha traxectoria máis consolidada.

Lettering Alén dos Xéneros [Ver máis]
Espazos Alén dos Xéneros [Ver máis]
Aplicacións Alén dos Xéneros [Ver máis]