Audiovisual Asuntos Internos

Esta peza de mulleres que desafían os roles de xénero hexemónicos. Do íntimo ao público. Os relatos privados de catro mulleres de distintas xeracións fan visíbel a estrutura histórica do último século. Da república aos anos da dictadura de Franco, o exilio, a transición e o cambio socialista. Cada momento histórico envolve as vicisitudes que che tocan vivir. Non escollemos, formamos parte do entretecido social. Os relatos destas mulleres transcorren paralelos á historia, malia térselles negado formar parte da Historia (con maiúscula). Podemos construír un espazo e un tempo a través da súa memoria. Non falan do presente, cada unha delas fala dun intre preciso da súa vida que ten significado público.

O filme foi seleccionado para o festival Rencontres Internationales (París / Madrid, 2009) e para o ciclo de cinema da mostra En todas as partes. Políticas da Diversidade na Arte, comisariada por Juan Vicente Aliaga (CGAC, Santiago de Compostela, 2009). Tense distribuído ademais a través de numerosos colectivos trans de todo o mundo. Actualmente forma parte da Colección CGAC.

Trailer do documental

Documental completo