Cabeceira de "Ó fío do retrato"

«Ó fío do retrato»; producida por Ibisa TV para a TVG. Cada programa presenta un personaxe da vida social e cultural de Galicia a través de retratos e conversas co fotógrafo Anxo Cabada.

Para a realización da cabeceira partiuse de fotografía fixa sobre a que vai desenvolvendo a gráfica, guiada por un novelo que tamén se converte en texto. A música orixinal é de Rodrigo Romaní.