Carta-menú Silabario

O último reto que nos propuxeron dende o restaurante Silabario foi a creación da carpeta para a súa carta. Adicámoslle moito tempo a ir atopando os materiais máis acaídos para crear este obxecto, que sempre debe estar moi coidado porque, aínda que pasa pouco tempo enriba da mesa do restaurante, é un dos primeiros contactos que o cliente ten coa experiencia gastronómica e debe ser un altofalante da proposta que se lle fai e, ao tempo, un obxecto de cómodo manexo.

Carta-menú Silabario aberta (uqui)
Carta-menú Silabario (uqui)
Todas as cartas-menú Silabario (uqui)