Castillete publicación

En palabras da artista, é "un proxecto que reflexiona sobre os distintos estratos de significado que compiten e negocian entre si á hora de conformar a idea de paisaxe".

Para iso, escolleu unha localización, a localidade de Sabero e o seu val, sobre o que se traballou de formas múltiples: unha exposición, un seminario e finalmente unha publicación, Castillete, na que estivemos traballando nas últimas semanas.

Carme quixo reconstruír un número, a xeito de fascímil pero incluíndo contidos xenerados durante os seis meses que durou a exposición. Seguindo a liña de traballo da artista, sempre preocupada por investigar nos intersticios que se abren entre os lugares e as súas historias, decidimos facer visíbel o propio proceso de maquetación da revista, volvendo á técnica que se empregaba na edición das revistas orixinais da súa época pero preocupándonos de facer visíbeis os seus rastros na páxina.

Podes ver o vídeo da montaxe aquí

Castillete montaxe (uqui)
Castillete montaxe-1 (uqui)
Castillete montaxe-2(uqui)
Castillete montaxe-3 (uqui)

Se queres ver a publicación completa pica neste enlace