Catálogo Nómades

Un proxecto fotográfico de Manuel Valcárcel, que lle levou a percorrer por medio de imaxes o mundo dos derradeiros pobos nómades. Sesenta fotografías de gran formato que recollen os costumes, a cultura e o xeito de vida destes pobos, que aínda hoxe habitan nos cinco continentes.

O catálogo creouse á par das imaxes, cun relato do propio autor e dos obxectos que lle acompañaron na viaxe, deseñado a propósito con dúas texturas diferentes.

Portada do catálogo de Nómades (uqui)
Interior do catálogo de Nómades (uqui)
Interior do catálogo de Nómades (uqui)
Interior do catálogo de Nómades (uqui)