Doli, doli, doli... Coas conserveiras. Rexistro de traballo

En 1989, preto de cen mulleres, catro delas en folga de fame, pecháronse na fábrica de Odosa, na Illa de Arousa, como protesta ao peche inminente da fábrica de conservas. Mentres estiveron pechadas gravaron un documental contando o que estaba sucedendo. A partir dese material, realizouse este novo documental que narra a historia contada polas mesmas protagonistas, mesturando pasado co presente.

Co relato podemos facernos unha idea de como era e como é o traballo nas fábricas de conserva e a relación laboral das mulleres. Rexistro de traballo pretende deixar constancia do traballo destas mulleres das que, cando a fábrica ameazaba con pechar, non apareceu testemuña documental de que levasen trinta, e algunhas corenta anos empregadas alí.

Son mulleres que denuncian como o traballo das conserveiras se considerou sempre un complemento do salario do seus compañeiros e non un salario en si mesmo, aínda que moitas vivan elas e os seus fillos unicamente deses ingresos. Unha historia de solidariedade e de empuxe por conseguir a dignidade.

Trailer do documental

Documental completo


Proxeccións:

2017

Alén dos xéneros. Prácticas artísticas feministas en galicia | Do 27 de xaneiro ao 11 de xuño | Colectiva | Marco. Vigo

Women in Work. Dona, art i treball en la globalizació | Do 7 de marzo ao 19 de maio | Colectiva | Sala D'Exposicións de la UPV

Xornadas cine e muller | 7 de marzo | 20:00 h | Facultade de Ciencias da Información. Santiago de Compostela

2014

Festival Miradas de mulleres | 13 de febreiro | 19:30 h | Sala X, Facultade de Belas Artes. Pontevedra

Pontevedra | 13 de marzo | 20 h | Casa das Campás. Pontevedra

2013

Santiago | 19 de marzo | 17:30 h | Facultade de Filosofía

Festival de Cans | 21 ao 24 de maio | Cans, Porriño

2012

Santiago de Compostela | Mércores 1 de febreiro | 21.30 h | Cineclube de Compostela

Vilaxoán | Venres 7 de marzo | 20.00 h | Centro Sociocultural de O Preguntoiro

León | Do 23 de xuño de 2012 ao 6 de xaneiro de 2013 | Colectiva | Musac 
"Genealogías feministas en el arte español: 1960-2010"



Ferrol | Mércores 7 de novembro | Centro Sociocultural Novacaixagalicia no II ciclo
 "Creadoras Galegas da Imaxe"

 organizado polo Consello da Cultura Galega

2011

A Coruña | 18 de marzo | Casa-Museo de Emilia Pardo Bazán
 (Estrea)

Santiago de Compostela | Xoves 31 de marzo | 19.30 h | CSC do Ensanche 
(Organiza Andaina. Revista de pensamento feminista)

A Coruña | Xoves 7 de abril | 10.30 h | Facultade de Socioloxía 
(Ciclo de cine documental "Unha ollada ao social galego")

Illa de Arousa | Domingo 17 de abril
 (Presentación)

Vigo (Ciclo de cine documental "Unha ollada ao social galego")
 | Xoves 28 de abril | 20.00 h | MARCO
 (Presentación da revista A Festa da Palabra Silenciada)

A Coruña | 21 de maio | 18.00 h | CGAI

Barcelona | 26 de maio-5 de xuño | 
Festival de Films de Dones de Barcelona

Lugo | 17 de xuño | Museo provincial

O Carballiño (Ourense) | 11, 12, 13 e 14 de setembro | 
Xociviga. Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia

A Coruña | 14 de setembro | 12.00 h 
Normal, Espazo de Intervención Cultural da UDC

Cuenca | 24 de novembro
 | Semana Internacional de Cine de Cuenca "Mujeres en dirección"

Santiago de Compostela | 24 de novembro | 21.15 h 
Cineuropa