Logotipo Enfo

Escolleuse como elemento gráfico central o f, a letra formalmente máis característica das que compoñen a palabra e que resulta ser notable tamén na súa expresión fonética e no seu contido. Para o logotipo, deseñouse un lettering partindo desa letra f e tamén do o, investigando alfabetos de distintas culturas vinculados á música, e inspirándonos tamén na tradición tipografica europea.