Acceso á exposición Gallaecia Petrea (uqui)
Señalética da Gallaecia (uqui)

Gallaecia Petrea

Unha viaxe pola historia de Galicia a través da pedra

Gallaecia Petrea propón un percorrido pola presenza da pedra na cultura galega, desde as súas orixes ata a actualidade: desde o momento en que é elemento básico na definición da paisaxe ata as creacións culturais máis recentes. Formúlase coma un estudo das relacións entre o territorio e a pedra, coma un debate sobre un dos sinais de identidade da cultura, da paisaxe e do modo de vivir galego. Ocúpase da utilización da pedra como material construtivo e soporte artístico, explicando tanto as razóns polas que se recorre a ela como as técnicas de traballo empregadas e as diferentes linguaxes estéticas utilizadas. Ofrece un mostrario das propostas máis importantes, tanto útiles como artísticas, realizadas en distintos tipos de pedra, pero parte dunha análise xeolóxica do territorio, que explica as razóns polas que se elixe en cada momento un material determinado.

Precisamente a partir da rotulación para o título da exposición, xurde a necesidade de desenvolver unha tipografía completa para a sinaléctica. Así comezamos a creación da Pétrea, unha tipografía sen modulación nin contraste, rotunda e sinxela.
Gráfica expositiva. er máis]
Gallaecia Petrea conta cun catálogo que aspira a ser, alén do rexistro das 341 pezas expostas, unha obra de referencia na súa materia con case duascentas fichas temáticas e estudos sintéticos dos comisarios. [Ver máis]
Creouse unha web que conta con dúas partes: unha presencial, que amosa un resumo de Gallaecia Petrea e información práctica para visitantes, e outra dinámica que permite a participación do usuario e a integración de diferentes procesos de comunicación e márketing. Para a web realizáronse tamén varias pezas en vídeo a xeito de visita guiada pola exposición.
Para a web, realizamos este vídeo, unha visita guiada online á exposición.
Cidade da Cultura de Galicia, 2012