Portadas das publicacións de Gallaecia Petrea (uqui)
Encuadernación do Catálogo de Gallaecia Petrea (uqui)
Catálogo de Gallaecia Petrea despregado (uqui)
Catálogo de Gallaecia Petrea (uqui)

Catálogo Gallaecia Petrea

Unha publicación de referencia sobre a arte e a cultura de Galicia

Gallaecia Petrea conta cun catálogo que aspira a ser, alén do rexistro das 341 pezas expostas, unha obra de referencia na súa materia, con case duascentas fichas temáticas e estudos sintéticos dos comisarios. Para recoller este volume de información, o libro conta cunha maqueta de estrutura clara e rigorosa, con amplas marxes e que pretende ser tamén un obxecto especial. Para iso coidouse especialmente a escolla de materiais. No papel, un offset reciclado de 80 gramos que contrasta na súa delicadeza coa pedra, conseguindo que a súa textura non fique aplanada e poida “respirar”. A encadernación fíxose en acolchado, conseguindo que o contundente volume transmita lixeireza e suavidade, buscando novamente o contraste coa materia pétrea que está evocada na portada por un golpe seco coa iconografía da exposición. O catálogo, editado en galego e castelán, complétase con dúas versións de peto coas traducións dos textos ao inglés e ao portugués.

Cidade da Cultura de Galicia, 2012