Lettering Petrea

Para debuxar esta letra, seguíronse as pegadas que aparecen nas pedras: os gravados milenarios, as escrituras inscripcionais romanas e toda a tradición posterior, até chegar, xa nos nosos días, aos traballos de Castelao ou do Seoane portadista, este último presente na exposición como deseñador da portada de El conocimiento geológico de Galicia de Isidro Parga Pondal.
As formas que se foron absorbendo desta pesquisa mesturáronse despois coa tradición tipográfica de alén das fronteiras da antiga Gallaecia, buscando un estilo máis internacional que atopamos nas formas exipcias ou mecanas. A partir deste encontro formáronse as letras de Gallaecia Petrea, da que despois se trazou a caixa alta completa para ser usada, xa como tipografía, en diversas aplicacións da exposición.

Lettering para Gallaecia Petrea (uqui)
Typo Petrea (uqui)
Lettering Gallaecia Petrea (uqui)