Lettering ITMATI

O Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial pediunos que lle creásemos unha marca, incluíndo un nome, para comunicar a súa actividade e facerse un lugar dentro dun complexo universo académico de proxectos, institucións e siglas que moitas veces se duplican e superpoñen. Despois dunha longa investigación, escolleuse o acrónimo ITMATI, para o que se desenvolveu este lettering que xoga con letras sen contraste e de formas atrevidas construídas de forma modular, buscando un aspecto racional e innovador a un tempo.

Lettering completo de IMATIT (uqui)