Packaging Silabario

Dende o restaurande Silabario, que rexenta Alberto González en Tui, encargáronnos o deseño da súa carta de viños. A nosa proposta foi crear unha caixa que se constrúe coas capas da carta e que ocupa un espazo equivalente ao volume da botella de viño. A caixa móntase e desmóntase facilmente coa axuda duns imáns que leva dentro. A propia carta está adherida ao interior da caixa con velcro, para facilitar a súa reposición segundo se vaian modificando os contidos da lista de viños.

Carta de viños do Restaurante Silabario (uqui)
Carta de viños aberta do Restaurante Silabario (uqui)
Carta de viños do Restaurante Silabario (uqui)