Packaging para o Proxecto-Edición

Proxecto-Edición foi unha rede de proxectos que se retroalimentaron e expandiron con vida propia, entre 2006 e 2008, xerando múltiples materiais ao tempo que se reflexionaba sobre outros xa existentes. Cada ano editouse unha caixa-contedor cun catálogo, un arquivo-documental e unha selección de traballos producidos nese ano; o resultado dos tres anos pode funcionar, á súa vez, como unha exposición itinerante do seu contido, reflectindo unha das características máis salientables da edición: a capacidade de ser transportable.

Caixas Proxecto-Edición (uqui)
Interior caixa Proxecto-edición (uqui)
Libros caixa Proxecto-edición (uqui)
Ciaxa completa Proxecto-edición (uqui)