Publicacións Refuxios

Esta publicación recolle unha reflexión sobre «Refuxios», unha das liñas de investigación que Carme Nogueira foi desenvolvendo a través de intervencións na rúa e dispositivos de sala dende 2001. O proceso de «Refuxios» en «Próspera», proxecto desenvolvido no Instituto Cervantes de Beijing (entre xullo e novembro de 2007) e no MARCO de Vigo (febreiro de 2008). A liña de traballo estabelecida aquí continúa a estar na base das propostas actuais da artista.

Tanto a edición como o deseño e a documentación fíxose en estreita colaboración con Carme Nogueira, que xa comezara deseñando o xornal que a artista imprimiu e repartiu en China. Deste proceso resultou un libro que non só conta o proceso de traballo de «Refuxios», senón que se convirte en obra en si mesmo.

Se estás interesado/a nesta obra, podes atopalo na Librería Formatos PVP: 20 €

Refuxios publicación de Carme Nogueira

Colaboraron na edición Antalis e a Galería Adhoc.