Real Filharmonía de Galicia

Durante varias temporadas, encargámonos da imaxe da Real Filharmonía de Galicia, unha das espiñas dorsais da programación cultural compostelá e un referente que cada semana atrae a centos de espectadores ao Auditorio de Galicia para escoitar os seus concertos. O protagonista do proxecto foi sempre a publicación do propio programa de abono, para a que sempre se buscaba unha imaxe atrevida, singular ou de certo impacto, buscando un equilibrio entre a identificación cos abonados coma o contacto con novos públicos. Isto sempre sen descoidar a dimensión práctica do programa, que debía ser accesíbel, de fácil consulta e acompañar os espectadores durante todo o ano.

Interior do Programa da RFG 2011-2012 (uqui)
Programa de 2011 para a Real Filharmonía de Galicia (uqui)

Programas e outras aplicacións da RFG. er máis]

Cartel RFG 2009 (uqui)

Carteis da RFG. er máis]

Pancartas 10 aniversario RFG

Gráfica expositiva do 10 aniversario da RFG. er máis]