Portada do catálogo Rías Baixas, Territorio Gastronómico (uqui)
Interior do catálogo Rías Baixas, Territorio Gastronómico (uqui)
Páxinas do catálogo Rías Baixas, Territorio Gastronómico (uqui)
Interior do catálogo Rías Baixas, Territorio Gastronómico (uqui)

Libro Rías Baixas, Territorio Gastronómico

Un libro de cociña de proxección internacional

Non nos plantexamos só un libro de receitas de cociña, senón unha exploración sobre o territorio e a relación que con el estabelecen nove prestixiosos cociñeiros das Rías Baixas: un lugar privilexiado polas súas condicións orográficas para a reprodución de peixes e mariscos que ademáis conta cun microclima favorable para o cultivo da terra. A encadernación da publicación foi coidada especialmente, empregando tela impresa e unha camisa de cartón negro estampado ao golpe, para evocar as texturas do mantel e a servilleta, territorio natural do plato, representado á vez pola imaxe do mar rompendo contra a área. Editado por Uqui Permui e Marta Lucio, o libro introdúcenos na cociña de nove prestixiosos cociñeiros que nos falan dos seus procesos creativos e nos detallan ademáis vinteseis receitas fotografadas por Francesc Guillamet. Un libro de autor, perfecto para aqueles que queiran, non só descubrir, senón saborear este lugar.

Deputación de Pontevedra, 2011

Premio Gourmand CookBook Award na súa edición española, 2011 2º premio na convocatoria 2012 do XVIII Premio Nacional de Periodismo Álvaro Cunqueiro, 2012 Seccionado para os premios Visual 2011-2012