Web FGS

As necesidades que nos plantexaron dende a Fundación Galiza Sempre atendían a dúas circunstancias: a necesiade de comunicar a actividade da Fundación, o seu traballo diario, pero tamén de recoller todo o arquivo de información de contidos que incluía o feito pola propia Fundación nos últimos dez anos pero tamén a memoria do nacionalismo galego dende o seu nacemento.

A proposta que lles fixemos foi crear unha portada que fose un panel, unha especie de taboleiro como os que temos nas nosas casas, onde ás veces se coloca unha nota urxente ou unha lista de tarefas, pero onde tamén rematan fotografías ou postais que nos gustan e que nos acompañan durante moito tempo. A partir da portada, o usuario escolle que camiño tomar e pode consultar todos os contidos de forma ordeada: publicacións, novas, arquivo histórico, actividades, etc., deixando como elemento visíbel unha rede social privada, "Interésache", que funciona como áncora coa actualidade e co ecosistema no que traballa a fundación.

Podes visitar a páxina en www.galizasempre.org

Páxina inicial da Fundación Galiza Sempre (uqui)
Páxina da Fundación Galiza Sempre en dispositivos móbiles (uqui)