Exposición Gallaecia Petrea

Á complexidade propia da exposición, que repasa varios milenios de historia de arte e cultura a través de seis seccións que ocupan a totalidade do museo, engadíase o feito de ser a primeira mostra que se exhibía no edificio e de ser este, ademais, a estrutura máis emblemática da Cidade da Cultura, tanto polas súas dimensións coma polo seu significado. Á hora de sinalizar o acceso á exposición, procurouse respectar o máximo a arquitectura de Einsman, buscando solucións e intervencións que dialogasen e non tapasen ou "marcasen" o edificio.

Fachada da exposición Gallaecia Petrea (uqui)
Imaxes da exposición Gallaecia Petrea (uqui)
Cartela de sala de Gallaecia Petrea (uqui)
Cartela dunha peza da exposición Gallaecia Petrea (uqui)