Libro Rías Baixas, Territorio Gastronómico
Non nos plantexamos só un libro de receitas de cociña, senón unha exploración sobre o territorio e a relación que con el estabelecen nove prestixiosos cociñeiros das Rías Baixas: un lugar privilexiado polas súas condicións orográficas para a reprodución de peixes e mariscos que ademáis conta cun microclima favorable para o cultivo da terra.
A encadernación da publicación foi coidada especialmente, empregando tela impresa e unha camisa de cartón negro estampado ao golpe, para evocar as texturas do mantel e a servilleta, territorio natural do plato, representado á vez pola imaxe do mar rompendo contra a área.
Editado por Uqui Permui e Marta Lucio, o libro introdúcenos na cociña de nove prestixiosos cociñeiros que nos falan dos seus procesos creativos e nos detallan ademáis vinteseis receitas fotografadas por Francesc Guillamet. Un libro de autor, perfecto para aqueles que queiran, non só descubrir, senón saborear este lugar.




localización: 42.891257, -8.511891
mail: info [at] uqui.net
twitter: @uquipermui
skype: uquipermui
tel: +34 981 572 328
VCard
Porto de Amio, 20
15707 Santiago de Compostela