Vista da exposición en DARDO

20 anos de DAG: dúas décadas construíndo comunidade arredor do deseño
16 Xullo 2026

Os aniversarios son unha oportunidade para deterse, mirar atrás e facer balance do camiño percorrido: analizar os logros acadados, identificar os retos pendentes e aprender das dificultades atopadas para seguir deseñando o presente e o futuro.

A nivel persoal, síntome especialmente orgullosa de formar parte desta comunidade de persoas que compartimos a paixón polo deseño e o compromiso por mellorar o ámbito profesional das deseñadoras e dos deseñadores en Galicia. Ao longo destes anos levo comigo todo o aprendido e, sobre todo, as persoas que fun coñecendo polo camiño, moitas delas convertidas xa en amizades.

Como asociación, a DAG traballou en múltiples frontes. Comprometeuse coa ética profesional, impulsando –xunto á comunidade READ– o primeiro Código Deontolóxico do Deseño; coa memoria do sector, promovendo iniciativas como ARDE; e co coñecemento da realidade do deseño en Galicia, a través de Estudos de Deseño como o realizado xunto con GAIN sobre a economía. Tamén organizou foros, encontros profesionais e actividades de networking para fortalecer o sector e crear espazos de intercambio e colaboración.

No fondo, todas estas iniciativas responden a unha mesma vontade: contribuír, desde o deseño, á construción dunha sociedade mellor. Como afirma Don Norman, "a comunidade profesional de deseñadores debería actuar como activadora, facilitadora e como recurso para axudar á sociedade a afrontar os seus retos". Esa é tamén a vocación da DAG: ser unha comunidade de persoas que comparten intereses, ideas e proxectos para impulsar o deseño como ferramenta de transformación.

Esta celebración dos 20 anos materialízase tamén nunha exposición conmemorativa que se celebrou o pasado mes de abril en DIDAC e, proximamente, nun libro que recolle a historia e a evolución da asociación. 

Cando vexa a luz, compartireino xunto cun artigo no que analizo con máis detalle esta traxectoria colectiva.

Comunidade DAG na inauguración

Parabéns DAG!

Este año en la DAG estamos de celebración. Cumplimos 20 años de trayectoria bajo una idea que resume bien nuestro recorrido: 20 años de comunidad alrededor del diseño.

Colectividades