trofeo Galiciaparabéns

A marca dun premio: Galiciaparabéns
Marcas,
Paisaxe,
Identidade

Presentáronse os premios Galiciaparabéns, unha iniciativa da Axencia de Turismo de Galicia, dirixida a recoñecer aos concellos as iniciativas de conservación e de embelecemento das súas paisaxes e os seus núcleos de poboación. Foi, precisamente, partir da idea da paisaxe, e en concreto, das montañas, onde atopei a inspiración para realizar a marca dos premios, unha "B" que se incorpora ao logotipo coa tipografía Kinetic -deseñada recetemente por María Ramos e Noel Pretorius-. A peza principal da marca é o trofeo, como representación do premio, deseñado a partir de diferentes 'bes' que conseguen crear un volume irregular e dinámico, realizado polo carpinteiro Víctor Domínguez de Vidoga. GaliciaparabénsGaliciaparabénsGaliciaparabénsGaliciaparabéns Enlace a imaxes da marca en Behance