Catálogo Gallaecia Petrea
Gallaecia Petrea conta cun catálogo que aspira a ser, alén do rexistro das 341 pezas expostas, unha obra de referencia na súa materia, con case duascentas fichas temáticas e estudos sintéticos dos comisarios. Para recoller este volume de información, o libro conta cunha maqueta de estrutura clara e rigorosa, con amplas marxes e que pretende ser tamén un obxecto especial.
Para iso coidouse especialmente a escolla de materiais. No papel, un offset reciclado de 80 gramos que contrasta na súa delicadeza coa pedra, conseguindo que a súa textura non fique aplanada e poida “respirar”. A encadernación fíxose en acolchado, conseguindo que o contundente volume transmita lixeireza e suavidade, buscando novamente o contraste coa materia pétrea que está evocada na portada por un golpe seco coa iconografía da exposición. O catálogo, editado en galego e castelán, complétase con dúas versións de peto coas traducións dos textos ao inglés e ao portugués.




localización: 42.891257, -8.511891
mail: info [at] uqui.net
twitter: @uquipermui
skype: uquipermui
tel: +34 981 572 328
VCard
Porto de Amio, 20
15707 Santiago de Compostela