Libro Sempre libres e vivas

A publicación recolle como xorde a acción de sensibilización social “En negro contra as violencias” en Galicia, e como se foi expandindo durante oito anos e traspasou fronteiras, chegando á cidade de Morelia, en México.

No ano 2015 en Santiago, xorde Compostela en Negro, unha iniciativa municipal de sensibilización social contra as violencias machistas a propósito da celebración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Ao ano seguinte, no 2016, co impulso e coordinación do concello de Santiago de Compostela, esta acción esténdese a outros 17 concellos, dando lugar a “En negro contra as violencias” una campaña de sensibilización a nivel galego, que se foi ampliando progresivamente durante os anos seguintes ata implicar a cento cincuenta concellos, trescentas empresas, e centos de colectivos, escolas e miles de establecementos comerciais.

A publicación recolle a evolución da campaña durante oito anos, e documenta como se foi expandindo e crecendo con cada acción realizada en concellos –grandes e, sobre todo, pequenos– nas escolas e nas empresas. Unha acción transversal, que tamén traspasou fronteiras, chegando á cidade de Morelia, en México, ou á universidade de La Laguna en Canarias. Foi significativa por moitos motivos, un deles é a implicación de moitos homes que tomaron posición contra as violencias machistas, e tamén por terse convertido nunha acción transmedia coaa participación da xente.

A publicación contou coa colaboración do Concello de Santiago.

Imagen
portada e contraportada

 

Imagen
interior do libro

 

Imagen
interior do libro sempre libres

 

Imagen
interior sempre libres e vivas

 

Máis información sobre a acción na web ennegrocontraasviolencias

FICHA DA PUBLICACIÓN:

Editora: Uqui Permui / uqui.net
Ano de edición: 2024
Palabras claves: feminismo, violencia de xénero, violencia machista, deseño
ISBN: 978-84-09-65167-2
Páxinas: 456 a cor
Formato: 18 x 14 cm
Encadernación: Tapa blanda (otabind con fío vexetal e cantos en negro)
Papel: Tipo Pergraphica Classic Smooth
Idioma: Galego (con opción aos textos en castelán, en formato pdf)
Prezo: 26 €
Distribuie: Consorcio Editorial Galego