Memoria Xacobeo 2010
A elaboración da memoria dun acontecemento como o Xacobeo 2010 plantexou dúas esixencias: por unha parte, ordear e presentar unha cantidade de información extensa e múltiple (axenda cultural, eventos, acontecementos sociais e protocolarios, datos económicos e turísticos, exposición de planos estratéxicos, balances, análises de expertos, etc.). Por outra banda, o libro debía satisfacer a función máis protocolaria e conmemorativa, materializándose tamén coma un libro-obxecto.
En colaboración co equipo de publicacións da S.A de Xestión do Plan Xacobeo fóronse desenvolvendo os contidos e dándolle forma aos gráficos, táboas, infografías e mapas.

localización: 42.891257, -8.511891
mail: info [at] uqui.net
twitter: @uquipermui
skype: uquipermui
tel: +34 981 572 328
VCard
Porto de Amio, 20
15707 Santiago de Compostela