Publicacións Paraiso
A revista galega das artes escénicas
Paraíso é unha publicación de gran formato que recolle a actualidade dos escenarios galegos integrados nas diferentes redes de distribución da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC). Para alén de coidar sempre a calidade das imaxes que achegan grupos e compañías, para algunhas das súas portadas realizamos postas en escea específicas sobre os temas que se tratan na revista. Para "Mulleres de teatro", recreouse coas actrices que protagonizaban a reportaxe un ambiente de mediados do século pasado, evocando o intre no que as mulleres reclaman o seu lugar sen ataduras na escena social. As fotografías son de Ovidio Aldegunde, colaborador do estudio.
Agadic. Xunta de Galicia, 2007-2011