O menú personalizado detalla toda a viaxe culinaria gozada en Pepe Vieira.
Aplicacions Pepe Vieira
Solucións gráficas adaptadas a unha singular e dinámica oferta culinaria
Pepe Vieira non ten un menú fixo e cada día pode variar, por elo deseñamos unha serie de naipes que definen o espírito de cada opción, orientando aos comensais sobre o que lles pode ofrecer este restaurante. Por outro lado sistematizámolo mediante unha aplicación informática, desenvolvida para a ocasión, que permite personalizar no momento e in situ o dinámico menú. E para a maridaxe, o Pasaporte de Pepe Vieira, unha selecta carta de viños que percorre as virtudes enolóxicas do Camiño de Santiago. Tamén deseñamos a carta completa de viños, un catálogo capaz de satisfacer ata ao máis esixente.
Pepe Vieira, 2013-2014