Memoria Xacobeo 2010
Un ano de acontecementos dentro dun libro de luxo
A elaboración da memoria dun acontecemento como o Xacobeo 2010 plantexou dúas esixencias: por unha parte, ordear e presentar unha cantidade de información extensa e múltiple (axenda cultural, eventos, acontecementos sociais e protocolarios, datos económicos e turísticos, exposición de planos estratéxicos, balances, análises de expertos, etc.). Por outra banda, o libro debía satisfacer a función máis protocolaria e conmemorativa, materializándose tamén coma un libro-obxecto. En colaboración co equipo de publicacións da S.A de Xestión do Plan Xacobeo fóronse desenvolvendo os contidos e dándolle forma aos gráficos, táboas, infografías e mapas.
Xacobeo. Xunta de Galicia, 2010