Xacobeo, unha marca con pegada internacional
No 2021 realizouse o redeseño da identidade visual do Xacobeo, cunha proposta que actualiza unha marca consolidada e a adapta ás novas necesidades da comunicación, mantendo intacta a súa esencia e o seu valor simbólico.
A proposta parte da icónica cuncha de peregrino creada por Alberte Permuy en 1999. O redeseño estiliza as súas nervaduras para achegar maior dinamismo e volume, incorpora un xiro de 45 graos que reforza a coherencia visual do conxunto e complétase cunha tipografía personalizada inspirada na tradición tipográfica galega. O resultado é unha identidade máis limpa, versátil e funcional, preparada para convivir con naturalidade tanto en soportes impresos como dixitais.
A pandemia da COVID-19 provocou unha circunstancia histórica excepcional: por primeira vez o Ano Santo prolongouse tamén ao 2022. Esta decisión fixo necesaria unha adaptación da marca, que pasou a denominarse Xacobeo 21.22, mantendo intacta a súa identidade visual.






Xacobeo 2027
A evolución da identidade continúa no Xacobeo 2027, que conserva os elementos clave do redeseño anterior e introduce pequenos axustes de proporción e composición para mellorar a claridade, o equilibrio e a súa aplicación nos diferentes formatos de comunicación. O proxecto completouse co deseño do Manual de Identidade Corporativa e do Manual de Patrocinadores, garantindo unha aplicación coherente e consistente da marca en todos os soportes e accións de comunicación.




Proxecto Seleccionado Bid_22