portadas e interior do libro

Sempre libres e vivas, un berro colectivo que traspasou fronteiras
2 Decembro 2024

No ano 2015 en Santiago, xorde Compostela en Negro, unha iniciativa municipal de sensibilización social contra as violencias machistas a propósito da celebración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Ao ano seguinte, no 2016, co impulso e coordinación do concello de Santiago de Compostela, esta acción esténdese a outros 17 concellos, dando lugar a “En negro contra as violencias” una campaña de sensibilización a nivel galego, que se foi ampliando progresivamente durante os anos seguintes.

A publicación recolle a evolución da campaña durante oito anos, e documenta como se foi expandindo e crecendo con cada acción realizada en concellos –grandes e, sobre todo, pequenos– nas escolas e nas empresas. Unha acción transversal, que tamén traspasou fronteiras, chegando á cidade de Morelia, en México, ou á universidade de La Laguna en Canarias. Foi significativa por moitos motivos, un deles é a implicación de moitos homes que tomaron posición contra as violencias machistas.

 

entrevista no zigzag

O pasado 25N, presentando o libro no programa Zig Zag da man de Pilar G. Rego 

Tamén o presentamos en Santiago, na libraría Lilit, no Concello de Tomiño, na Galeria Maraca en Vigo, en Cerceda…

O libro é tamén un Manual de como poñer en marcha a acción, como recolle Tamara Montero no prólogo:

“En que intre nacen os símbolos? […] Se cadra a pregunta non é cando, senón como: como unha campaña para o 25 de novembro dun concello galego rematou por batuxar nas costas do Cantábrico e mesmo viaxar a Morelia; como foi quen de amalgamar máis dun cento de concellos, deputacións, empresas, equipos de fútbol, bares, fogares e mais escolas; como tinguiu de negro ao mesmo tempo unha Catedral e unha corredoira. Aí, na xente, na apropiación colectiva, é onde nacen os símbolos.

Quere ser este libro un pequeno compendio de comos. Como construír dende a base unha campaña capaz de conectar con amplas capas da cidadanía? Como convertela nun berro de país, nunha referencia? Como se vai nutrindo de todas e cada unha das achegas? Como penetra en recunchos onde o feminismo sempre fora palabra forasteira?

É isto un manual para crear un símbolo. Para seguir loitando contra as violencias.”

 

portadas e interior do libro

Este libro es una testigo visual de esta acción social contra las violencias machistas, mostrando cómo se moviliza la sociedad para luchar contra esta problemática. A través de intervenciones de cientos de personas se convirtió en una herramienta de sensibilización y denuncia, que inspira y fortalece el compromiso social por la igualdad y el respeto. Descubre cómo pequeñas acciones pueden cambiar realidades.

Feminismos
Publicación