Genesal

Fabricantes e instaladores de grupos electróxenos en proceso de expansión

Genesal é unha empresa que fabrica e exporta xeneradores eléctricos en Bergondo (A Coruña) dende hai anos, pero que se atopa en proceso de expansión, traballando xa en América e no resto de Europa e buscando oportunidades de negocio en novos mercados. A metodoloxía para o desenvolvemento deste traballo partiu da análise e o coñecemento da empresa a través de todas as persoas vinculadas a ela. Isto permitiunos detectar e definir as necesidades e problemas que se deben solucionar e, partindo deles, acotar e determinar ideas e conceptos para a súa aplicación, xa sexa na rotulación de producto, na súa web ou na súa comunicación publicitaria.

Stand de Genesal para a Feira Internacional de Dubái [Ver máis]
Aplicacións para Genesal. [Ver máis]
A través da súa web, Genesal proxecta unha imaxe sólida e eficaz, ao tempo que facilita a relación entre comerciais e clientes, que poden acceder a unha información técnica completa sobre os produtos que se ofrecen.
Para a creación e a visualización da marca Genesal propuxemos realizar unha serie de presentacións audiovisuais nas que os protagonistas son os propios traballadores. Este proxecto, aínda en proceso, trata de ir descubrindo a fábrica de grupos electróxenos a tráves das persoas que mellor a coñecen para achegarnos a Genesal dun xeito máis cercano e ao mesmo tempo creando redes de afinidade entre a empresa e os seus traballadores. Máis vídeos da serie.
Genesal, 2011-2012