![](/sites/default/files/proxecto/Xacobeo_tipo-composici%C3%B3n.png)
Xacobeo 21
O símbolo inspírase na icónica cuncha de peregrino, deseñado en 1999 por Alberte Permuy. No briefing definíase que a marca non perdese a identidade anterior, xa implantada e recoñecida, pero coa necesidade de adaptarse á contorna dixital. A proposta foi unha marca renovada a partir dese logotipo, estilizando as nervaduras, o que achega dinamismo e volume, e dándolle un xiro de corenta e cinco graos, para aumentar a coherencia visual co símbolo das catro cunchas.
Créase ademais unha letra personalizada a partir de investigar sobre tipografías galegas. Unha tipografía que encaixa co símbolo, e que crea unha marca compacta e limpa. Deste xeito conséguese unha imaxe facilmente adaptable a todos os contornos, tanto analóxicos como dixitais, mantendo ao mesmo tempo a identidade de marca e todo o peso simbólico. Para a realización da tipografía contouse coa colaboración das tipógrafas María Ramos e Adriana Pérez Conesa
![Símbolo do Xacobeo en Chocolate](/sites/default/files/styles/large/public/2023-12/Simbolo%20en%20chocolate_0.png?itok=uU7uVnQy)
![corporeo logo xacobeo](/sites/default/files/styles/large/public/2023-01/Corporeo%20X21-22_0.jpg?itok=Qx45byMK)
![Aplicación xacobeo](/sites/default/files/styles/large/public/2021-01/behance-xacobeo-4.jpg?itok=pT_s7i0T)
![bolsa de papel](/sites/default/files/styles/large/public/2021-01/bolsa-papel-xacobeo-21_1.jpg?itok=pijzFic7)
![luces en Madrid-xacobeo](/sites/default/files/styles/large/public/2021-01/luces-Madrid-xacobeo-3_1.jpeg?itok=t4M5dMqg)
![barco-xacobeo](/sites/default/files/styles/large/public/2023-01/barco-xacobeo.png?itok=a9UHKlpH)
![bolsa-xacobeo](/sites/default/files/styles/large/public/2023-01/bolsa-xacobeo.png?itok=7JJEO9WX)
Proxecto Seleccionado Bid_2