Stand Genesal
Gráfica do stand de Genesal para Middle East Electricity
Do 17 ao 19 de febreiro celebrouse en Dubái un encontro onde empresas internacionais amosan os seus produtos e servizos entorno á industria enerxética.
Deseñamos un mural infográfico de 15 metros que cubre todo o espazo dun stand plantexado para a comunicación e as relacións. A imaxe da área do stand recrea unha cidade imaxinada, ideada para o futuro.
A gráfica marca os lugares estratéxicos dos grupos electróxenos nas cidades: edificios, hospitais, trens, helicópteros...
Marcaxe que se fixo extensible ao propio Grupo exposto, un prototipo deseñado exclusivamente para o evento, os grupos electróxenos de Genesal teñen a virtude de adaptarse a todos os espazos por específicos que sexan, esa característica é o que quixemos reseñar no deseño, que obtivo a visibilidade que buscabamos nunha feira internacional desa relevancia.






Panel (en 3 partes) de Genesal para o Stand da Feira de Dubái

Prototipo do grupo electróxeno deseñado exclusivamente para o evento
localización: 42.891257, -8.511891
mail: info [at] uqui.net
twitter: @uquipermui
skype: uquipermui
tel: +34 981 572 328
VCard
Porto de Amio, 20
15707 Santiago de Compostela