Ir o contido principal

Uqui

  • Proxectos
Logotipos
Carteis
Lettering
Publicacións
Packaging
Produto
Aplicacións
Espazos
Web
Audiovisual
Infografía
Social
deseño gráfico global
Alén dos Xéneros Gráfica para a exposición no Marco de Vigo sobre prácticas artísticas feministas en Galicia
En negro contra a violencia Acción social contra as violencias machistas para cubrir de negro Galicia
Compostela, Territorio das Mulleres Proxecto para construir un modelo de cidade igualitaria e amigable cas mulleres
25N Compostela en Negro Acción colectiva en Compostela contra as violencias machistas
Cóidate Cóidame Material informativo sobre os coidados dos recén nacidos
Pan da moa Marca de pan do obradorio Moscoso Moure
Con moita miga Xornadas de pan galego
Genesal Fabricantes e instaladores de grupos electróxenos en proceso de expansión
MOV-S 2012 O espazo para a reflexión sobre o estado da danza e as artes do movemento
Gallaecia Petrea Unha viaxe pola historia de Galicia a través da pedra
Rías Baixas, Territorio Gastronómico Un paseo por algunhas das mellores cociñas galegas contemporáneas
Enfo European Network of Folk Orchestras, entroncando coa herdanza cultural europea
Casus Belli Refutación do contexto. Unha exposición sobre conflictos na recepción de obras de arte contemporáneas
Real Filharmonía de Galicia Propostas gráficas para o programa de abono da orquestra galega
Voluntariado Xacobeo 2010 Unha rede de axuda desinteresada nos Camiños de Santiago
Proxecto-Edición Unha ampla mirada aos procesos de edición contemporánea
Corpos de Producción miradas críticas e relatos feministas en torno aos suxeitos sexuados nos espazos públicos
<<
  • Blog
  • Estudo
  • /gl
  • /es
  • Behance
  • Youtube
  • Pinterest
  • Google+
  • Twitter
  • Facebook
  • Portada de María Lara
15.06.2020
María Lara. Sensacións, rexistros e impresións

Libro editado con motivo da exposi­ción de María Lara ‘Sensacións, rexistros e impresións’, celebrada no MUSAC e comisariada por Manuel Olveira.
Un dos privilexios que ten traballar en deseño é que che permite –para min é imprescindible– mergullarte profundamente nos terreos que traballas, neste caso descubrir a esta artista que leva traballando dende os setenta en composicións a simple vista sinxelos. Recoméndovos ler entre as liñas todos os matices que murmura María: sensacións, rexistros e impresións.

Portada de María Lara

Aquí podes descargar o catálogo

24.06.2019
Alén dos xéneros

Pódese descargar xa o catálogo Alén dos xéneros, prácticas artísticas feministas en Galicia da web de e-auditorio

Unha revisión das prácticas que se desenvolveron no contexto galego desde os anos noventa ata a actualidade. Unha exposición que se puido ver no Museo Marco e no Auditorio de Galicia e que agora queda rexistrada nesta obra cun texto da comisaria Anxela Caramés, ademais doutros como Andaina de andainas de Nanina Santos, Trinta anos da Festa dá Palabra Silenciada desde 1983 de María Xosé Queizán, Gráfica feminista de Uqui Permui e A voz escrita dás Maribolheiras Precarias de As + perralheiras (Pablo Andrade e Ramón Santos)

  • Buff-fem, app, feminismos
02.04.2019
BUFF FEM

Presentamos Buff Fem nas Xornadas ‘Futuros do deseño gráfico. Novas prácticas e significados’ organizadas por ad-fag, en Barcelona. Esta ferramenta ten como obxectivo axudar a detectar e modificar as actitudes machistas que a longo prazo xeran diferentes tipos de violencias, centrándonos, sobre todo, nun público novo de 16 a 20 anos.


taller, app,buff-fem


taller, app,buff-fem


Para alcanzar estes obxectivos baseeime no Deseño Centrado nas Persoas Usuarias (UX). Optando, como método de investigación, polo deseño participativo ou co-deseño, coñecendo así de primeira man as necesidades do público obxectivo. Para empezar, realicei un taller con preto de vinte alumnos/as e profesoras de varios IES de Santiago de Compostela; os principais insights que xorden do taller son a preocupación polo control, por medio dos móbiles, nas parellas novas e o abuso, nas redes sociais que se fai do corpo das mulleres. En xeral, todos os grupos de traballo mostraron interese por dar resposta a estas prácticas. Así xorde a idea inicial da ferramenta: unha aplicación para móbil coa que se poida replicar unha acción ou actitude machista. A aplicación permitiranos de forma rápida e sinxela dar respostas gráficas, e sonoras, a calquera comentario nas redes sociais ou calquera actitude que se pode dar na vida diaria.


Buff-fem, app, feminismos


A aplicación divídese en tres partes principais:
Buff: a partir de persoais pódense crear gráficas personalizadas, a aplicación permite incorporar imaxes, iconas e son para elaborar un post que poidas compartir no chat ou nas diferentes redes sociais.
Os meus Posts: almacén de imaxes atopadas nas redes sociais ou creadas coa aplicación.
Chat: funciona como unha rede social, para compartir en grupos ou con amigos os posts que creaches, tamén se poden votar os posts que elaboran outras persoas.

  • serenidade, premios, en negro contra as violencias
24.12.2018
Premio SERenidade para en Negro Contra as Violencias

Para min este premio ten un dobre recoñecemento. Un recoñecemento a unha disciplina que axuda a deseñar a sociedade que queremos, lonxe da idea de que o deseño é frívolo e prescindíbel… o deseño é moito máis que estética.
Doutra banda, recoñece unha acción que trata de implicar e concienciar á sociedade contra as violencias machistas.
Están agredíndonos, violando, matando… e creo, estou convencida de que unha das formas máis eficaces de loitar contra isto é a educación e a concienciación social.
Así o entenderon tamén miles de persoas que fixeron súa esta acción, a cada unha delas correspóndelle unha parte deste recoñecemento, aos máis de cen concellos, ás tres deputacións, ás empresas que o patrocinaron… e a todas as persoas que loitan contra as violencias machistas… e sobre todo, quero compartir este premio con Marta Lois, Natalia Paleo, Lucia Canoira… sen elas, este proxecto, simplemente, non teria existido… moitas grazas!

serenidade, premios, en negro contra as violencias

serenidade, premios, en negro contra as violencias

  • Marca xacobeo 2021
19.07.2018
O reto de re-deseñar unha marca carismática

O reto de re-deseñar unha marca é, para min, maior que o de crear unha nova, sobre todo se é unha boa marca, como é o caso do Xacobeo deseñada en 1999 por Alberte Permuy.
O briefing definía que a marca non perdese a identidade anterior, xa implantada e recoñecida, coa necesidade de adaptarse ao entorno dixital.
A proposta foi unha marca renovada, a partir do logotipo utilizado no 2010, estilizando as nervaduras, o que achega dinamismo e volume, e dándolle un xiro de corenta e cinco graos, para aumentar a coherencia visual co símbolo das catro cunchas.
Construción da marca
construción logotipo Xacobeo 21


Créase ademais un logotipo novo, cunha letra personalizada a partir de investigar sobre tipografías galegas. Unha tipografía que encaixa co símbolo, e que crea unha marca compacta e limpa. Deste xeito conséguese unha imaxe fácilmente adaptable a todos os contornos, tanto analóxicos como dixitais, mantendo ao mesmo tempo a identidade de marca e todo o peso simbólico.

Xacobeo 2021

marca reducida xacobeo 21
Marcas secundarias: Xacobeo Galicia e unha versión curta, cando por problemas de espazo ou visibilidade, se precise unha versión reducida.

  • Marca Fest Galicia
20.06.2018
Marca Fest Galicia

Deseñouse basándose no briefing, e nos obxetivos que tiña que cubrir a marca, isto é: A necesidade de crear un sentimento de pertenza e participación en algo máis grande dun grupo de festivais ou concertos. Sostibilidade, diferenciación, calidade, igualdade, aposta polas industrias culturais, aposta polo territorio, contratación digna para os/as artista, compromiso social.
Tendo en conta isto, elaboramos un símbolo que pretende representar o espíritu que se desexa para os festivais. A partir dunha tipografía Sans serif en maiúsculas, creouse un lettering coa palabra FEST que expresa o movemento e a diversidade característicos dos festivais.
Por outra banda se deseñaron diferentes elementos xeométricos para completar a contrución da marca dinámica. Esta evolución dependerá dos diferentes usos e aplicacións que se fagan, podéndose deixar a utilización a un uso aleatorio, por exemplo, para as entradas na web, que cada vez que se entre o logotipo teña unha aplicación diferente, mantendo sembre o logotipo e a cor, ou utilizar formas diferentes segun os recursos. Deste xeito a marca deixa a liberdade de multiplicarse e crecer sen perder identidade.

En canto a cor, optouse pola cor verde, tendo tamén en conta o que se queria transmitir: sostenibilidade, ecoloxía e territorio… Galicia é verde e azul, neste caso para facer máis fincapé no caracter ecolóxico e na diversidade musical, o verde limón penso que cumple perfectamente esa necesidade. O verde se asocia á saude e ao equilibrio, a velocidade, a valentía, a diversión. De feito, diversos estudios coinciden en que o verde ten unha resposta emocional positiva entre o público xoven.

  • trofeo Galiciaparabéns
26.03.2018
A marca dun premio: Galiciaparabéns

Presentáronse os premios Galiciaparabéns, unha iniciativa da Axencia de Turismo de Galicia, dirixida a recoñecer aos concellos as iniciativas de conservación e de embelecemento das súas paisaxes e os seus núcleos de poboación.
Foi, precisamente, partir da idea da paisaxe, e en concreto, das montañas, onde atopei a inspiración para realizar a marca dos premios, unha "B" que se incorpora ao logotipo coa tipografía Kinetic -deseñada recetemente por María Ramos e Noel Pretorius-. A peza principal da marca é o trofeo, como representación do premio, deseñado a partir de diferentes 'bes' que conseguen crear un volume irregular e dinámico, realizado polo carpinteiro Víctor Domínguez de Vidoga.

Galiciaparabéns

Galiciaparabéns

Galiciaparabéns

Galiciaparabéns

Enlace a imaxes da marca en Behance

  • uqui permui no programa Metrópolis
03.04.2017
Alén dos xéneros. Practicas feministas en galicia

A exposición Alén dos xéneros. Practicas feministas en galicia no Museo Marco de Vigo estará aberta ata o 11 de xuño.
Ademáis de participar coa peza Contenedor de feminismos realizada xunto a Carme Nogueira e Anxela Caramés . O documental Doli,doli, doli… coas conserveiras e coa obra, realizada con Xoán Anleo , Asuntos internos , realicei tamén a gráfica da exposición.

O programa de La2, Metrópolis, dedicou un programa á exposición, onde explico a gráfica deseñada, baseada nas gráficas feministas.

10.01.2017
Territorio das Mulleres finalista en Bid

O proxecto Compostela, Territorio das Mulleres foi finalista na 5ª Bienal Iberoamericana de Deseño, formando tamén parte da exposición que foi inaugurada o pasado decembro, e que está aberta ata o 29 de xaneiro de 2017, na Sala Matadero de Madrid, e onde fun convidada a presentar o traballo realizado para a Concellaría de Igualdade do Concello de Santiago.


exposicion_bid

exposición_bid

Uqui Permui na presentación de TM en Bid

Uqui Permui na presentación do proxecto en Bid. Todos os vídeos das conferencias Bid en streaming aquí

  • compostela-en-negro
  • contra-a-violencia
05.11.2016
Compostela en negro. Premio Comunicación ao Mellor Deseño Gráfico

Os premios de Comunicación e Marketing de Galicia, organizados polo Cluster de Comunicación, concederon o galardón ao Mellor Deseño Gráfico á campaña desenvolvida polo Concello de Santiago para loitar contra a violencia machista "Compostela en Negro" da deseñadora Uqui Permui. O premio de deseño de produto foi para Lusi, do estudo Cenlitrosmetrocadrado.
Ademais concedéronse premios a proxectos de Abanca, Inditex e Estrela de Galicia

Na web de Territorio das Mulleres podes ver toda a información do proyecto.

  •  
  • 1 de 4
  • ››

localización: 42.891257, -8.511891

mail: info [at] uqui.net
twitter: @uquipermui
skype: uquipermui
tel: +34 981 572 328

VCard
Porto de Amio, 20
15707 Santiago de Compostela

Aviso legal   |   Somos da DAG