Con moita miga

Xornadas de pan galego

Un evento para promover o pan galego, que se concretou en tres xornadas: A noite branca do pan, unha xornada de portas abertas e unha xornada profesional. O primeiro foi pensar o naming (a creación do nome da marca), sempre é complicado, e neste caso tiña que convencer a un grupo organizador moi dispar, pero “Con moita miga” resultou un nome afortunado, que rapidamente colleu consistencia. Ademais de facer referencia ao produto protagonista, ten o dobre sentido de ir ao fondo do tema… á miga. É un proxecto no que nos mergullamos dende o principio, pensando, ideando o formato… un proxecto colectivo de reflexión sobre o momento acual do pan. A tipografía utilizada foi a Skyline Black, tipografía dixital de 1992 por Jane Patterson para Font Bureau sobre a deseñada orixinalmente por Imre Reiner Corvinus-Skyline en 1956.

Asociación con moita miga, 2014