Museo Virtual da USC

O Museo Virtual constitúe un proxecto aberto, vivo e en permanente evolución. Deseñáronse diferentes formas de navegar e coñecer os bens, así, o apartado da páxina web denominado ‘Coleccións’ recolle unha selección de cen pezas singulares reunidas nos bloques ‘Contemporánea’, ‘Espazos’, ‘Retratos’ e ‘Vítores’. A través do apartado ‘Itinerarios’ pódense visitar conxuntos de bens agrupados segundo algunha relación temática que poderá ir variando co tempo. No apartado ‘Localización’ contéñense as pezas segundo a súa situación por edificios da Universidade. O apartado ‘Explora’ é unha ferramenta de busca que permite acceder á totalidade dos bens, realizando procuras por título, autoría, data ou localización. Por último, tamén existe a posibilidade de crear o teu propio museo premendo na icona con forma de corazón dunha obra que a persoa usuaria quere gardar e ir así conformando a súa propia colección persoal.

Visitar a web do Museo Virtual da USC

Universidade de Santiago de Compostela, 2021