Xacobeo 21
O símbolo inspírase na icónica cuncha de peregrino, deseñado en 1999 por Alberte Permuy. No briefing definíase que a marca non perdese a identidade anterior, xa implantada e recoñecida, pero coa necesidade de adaptarse á contorna dixital. A proposta foi unha marca renovada a partir dese logotipo, estilizando as nervaduras, o que achega dinamismo e volume, e dándolle un xiro de corenta e cinco graos, para aumentar a coherencia visual co símbolo das catro cunchas.
Créase ademais unha letra personalizada a partir de investigar sobre tipografías galegas. Unha tipografía que encaixa co símbolo, e que crea unha marca compacta e limpa. Deste xeito conséguese unha imaxe facilmente adaptable a todos os contornos, tanto analóxicos como dixitais, mantendo ao mesmo tempo a identidade de marca e todo o peso simbólico. Para a realización da tipografía contouse coa colaboración das tipógrafas María Ramos e Adriana Pérez Conesa
Proxecto Seleccionado Bid_2