Programas para a exposición Casus Belli (uqui)

Casus Belli

Refutación do contexto. Unha exposición sobre conflictos na recepción de obras de arte contemporáneas

—e isto? —un nabo… —non, iso xa o vexo… —é a imaxe para a exposición Casus Belli, a exposición pretende cuestionar o contexto de recepción da obra, e os conflitos de recepción que conleva unha obra cando se presenta cara ao público… –comenta a deseñadora, mentres saca da carpeta outras gráficas–. —esa é chula… —sí, pero a descartamos por ser demasiado evidente, nos primeiros bosquexos, fun directo as sinais gráficas sobre a reutilización do material e a cruz de “eliminación”. Dende as primeiras conversas que tiven cos comisarios, lembreime da imaxe gráfica da décima Documenta (a X que tachaba o D), sempre me pareceu moi afortunada. —e esta? —sí, esta podaría ser… pero o nabo é máis potente… dende que fixen o nabo non me vale ningunha outra. —Semella un ramo de bombas antiaéreas… é por iso? Casus Belli. —non… –di ríndose– non pensara en iso… penso que o nabo e a nabiza funciona como un emblema, sobre o visible e o invisible, é dalgún xeito a refutación do contexto, depende de onde naza pode ser aceptada ou rexeitada unha parte dela… e non sempre a mesma.

Podes visitar a páxina en www.e-auditoriodegalicia.net/casusbelli
Auditorio de Galicia. Concello de Santiago, 2011