Panel de la exposición del Proxecto-Edición (uqui)

Proxecto-Edición

Unha ampla mirada aos procesos de edición contemporánea

Proxecto-Edición foi un proceso de traballo multifacético que se desenvolveu durante tres anos (2006-2008) nos que se sucederon unha serie de actividades, obradoiros, seminarios, encontros e publicacións relacionadas co traballo da edición, a creación da información e os seus métodos de distribución. Foi unha coprodución entre os tres centros de arte galegos: Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Marco de Vigo e a Fundación Luis Seoane da Coruña.

Toda a produción editorial recolleuse en tres cofres anuais e toda a actividade quedou rexistrada nos seus respectivos catálogos específicos. [Ver máis]
Carteis do Proxecto-Edición. [Ver máis]
Aplicacións. er máis]
Espazos do Proxecto-Edición. [Ver máis]
CGAC, MARCO e Fundación Luis Seoane, 2006-2008