Rías Baixas, Territorio Gastronómico
O cerne desta proxecto é a edición dun libro: un proxecto editorial da Deputación de Pontevedra para a promoción internacional das Rías Baixas a través da experiencia de nove cociñeiros que funcionan como grupo informal (aínda que tamén son membros do Grupo Nove, ao que pertencen cociñeiros de toda Galicia) e son partícipes dunha filosofía común: respecto pola súa tradición culinaria, devoción polos produtos da súa terra e compromiso co desenvolvemento dunha vangarda de alcance global.

O libro, editado por Uqui Permui e Marta Lucio, introdúcenos, por medio de entrevistas realizadas polos escritores Manuel Gago e Jorge Guitián, na cociña de nove prestixiosos cociñeiros, que nos falan dos seus procesos creativos e detallan ademáis as súas receitas, fotografadas por Francesc Guillamet. Un libro de autor, perfecto para aqueles que queiran, non só descubrir, senón saborear este lugar do noroeste peninsular. [Ver máis]
O proxecto ten ademais vocación de proxectar as Rías Baixas a escala internacional, por iso se completa con materiais en distintos soportes, como polípticos ou vídeos promocionais.

localización: 42.891257, -8.511891
mail: info [at] uqui.net
twitter: @uquipermui
skype: uquipermui
tel: +34 981 572 328
VCard
Porto de Amio, 20
15707 Santiago de Compostela