Enfo
ENFO é un proxecto directamente ligado a unha das compoñentes máis importantes da herdanza cultural europea: a súa música. As persoas, grupos e nacións identifícase coa música en particular, formando parte da súa identidade. ENFO é unha rede de proxectos vinculados a ese patrimonio pero tamén ao futuro: á pedagoxía, e ao coñecemento, puntos nos que nos baseamos para realizar o logotipo e as diferentes aplicacións.



Escolleuse como elemento gráfico central o f, a letra formalmente máis característica das que compoñen a palabra e que resulta ser notable tamén na súa expresión fonética e no seu contido. Para o logotipo, deseñouse un lettering partindo desa letra f e tamén do o, investigando alfabetos de distintas culturas vinculados á música, e inspirándonos tamén na tradición tipográfica europea. A identidade corporativa desenvólvese co apoio da tipografía Good.
localización: 42.891257, -8.511891
mail: info [at] uqui.net
twitter: @uquipermui
skype: uquipermui
tel: +34 981 572 328
VCard
Porto de Amio, 20
15707 Santiago de Compostela